Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14734

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela situada na travesía dos Rosales, 11 (expediente 631/165/2014).

O Pleno Municipal, en sesión realizada o día 2 de marzo de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento de estudo de detalle da parcela sita natravesía dos Rosales, nº 11, da Coruña. Pía Unión La Obra de la Señora. Febreiro 2015, presentado con data do 20 de febreiro de 2015.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento aprobado, así como o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a procura da súa entrada en vigor.

Terceiro. Notificarlles o acordo de aprobación definitiva aos interesados no expediente, titulares catastrais, aos Departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina do SIX de Planeamento e á Área de Infraestruturas».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 19 de marzo de 2015.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, ou, de ser o caso, notificación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de marzo de 2015

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo