Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14736

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

ACORDO da Xunta de Goberno sobre creación e supresión de ficheiros de titularidade pública.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión de ficheiros de titularidade pública deberá efectuarse por medio dunha disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Na súa virtude, de conformidade co precepto citado, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia acorda o seguinte:

Artigo 1

A supresión dos ficheiros con datos de carácter persoal identificados no anexo I da presente disposición.

Artigo 2

A creación do ficheiro con datos de carácter persoal identificado no anexo II da presente disposición.

Artigo 3

A publicación desta disposición xeral no Diario Oficial de Galicia e a súa entrada en vigor ao día seguinte da súa publicación.

A Coruña, 17 de marzo de 2015

José Luis Aristín González
Presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

ANEXO I
Supresión de ficheiros con datos de carácter persoal

– Nome do ficheiro: Colexiados.

a) Motivos da supresión: contido incorrecto da estrutura do ficheiro.

b) Destino da información: redefinición nun novo ficheiro.

– Nome do ficheiro: Expedientes deontolóxicos.

a) Motivos da supresión: non se trata dun ficheiro diferenciado, pois está incluído no ficheiro de Colexiados.

b) Destino da información: redefinición nun novo ficheiro.

ANEXO II
Creación de ficheiros con datos de carácter persoal

– Nome do ficheiro: Colexiados.

a) Descrición do ficheiro: ficheiro que alberga datos para a xestión e o seguimento dos colexiados.

b) Finalidade e usos previstos: xestión contable, fiscal e administrativa, procedemento administrativo e outras finalidades.

c) Estrutura básica do ficheiro e descrición das categorías de datos: NIF/DNI; nome e apelidos; enderezo; teléfono; imaxe/voz; características persoais; detalles de emprego; económicos; financeiros e de seguros; académicos e profesionais; número de rexistro de persoal; sinatura manuscrita ou dixitalizada.

d) Orixe dos datos (persoas ou colectivos): fisioterapeutas colexiados de Galicia.

e) Procedemento de recollida: formulario de toma de datos (electrónico e papel).

f) Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal.

g) Sistema de tratamento: mixto.

h) Comunicacións de datos: bancos, caixas de aforro e caixas rurais, entidades aseguradoras, a Asociación Española de Fisioterapeutas e o Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España.

i) Transferencia internacional de datos: non se prevé a realización de transferencia internacional de datos.

j) Órgano responsable do ficheiro: Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia.

k) Servizos ou unidades onde exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, praza Alfonso XIII, nº 8, baixo, 15008 A Coruña.

l) Nivel de seguridade: nivel básico.