Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto en execución de títulos xudiciais (61/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 61/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Ríos Pérez contra Hermanos Seoane, S.L., sobre ordinario, foron ditados auto e decreto no 23.3.2015, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza a favor da parte executante, Santiago Ríos Pérez, contra Hermanos Seoane, S.L., parte executada, 44.103,20 euros en concepto de principal [16.070,27 € de indemnización +20.051,05 € de salarios debidos +1.005,30 € xuros do art. 29.3 ET (20.051,05 €) +6.197,62 € de salarios de tramitación +778,95 € de falta de aviso previo] máis 300 euros de honorarios do letrado da parte demandante, máis outros 4.410,32 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que tiver incorrido a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas admisible sexa como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 00493569920005001274, indicando no campo concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento Hermanos Seoane, S.L. pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros producidos, se é o caso, até a data da demanda e, se non pagar no prazo de dez días, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou execución máis as custas desta, librándose para o efecto.

– Requirir Hermanos Seoane, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

– En caso de non se cumprir os anteriores requirimentos, acórdase consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 00493569920005001274 aberta no Banco Santander, indicando no campo concepto “Recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “Recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

A secretaria xudicial