Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro da subvención á creación de emprego estable, regulada na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativa ao expediente TR340K 2011/6-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle a interesada un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 24 de marzo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR340K 2011/6-2.

Nome: Exportación Halim Em, S.L.

DNI/NIF: B27420231.

Axuda: subvención á xeración de emprego estable.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Gasalla, 9, 4º dta., 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter a persoa traballadora pola que se concedeu a subvención durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 20, punto 2, da Orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.