Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de modificación de anuncio (As-65/2014).

En cumprimento da Resolución da tenente de alcalde delegada de Contratación, do 16 de marzo de 2015, de modificación do prego de cláusulas administrativas regulador da contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras pertencentes ou delegadas na Área de Infraestruturas do Concello da Coruña (As-65/2014), modifícase o anuncio publicado nese DOG do 27 de febreiro de 2015, núm. 40, páxina 8471, exclusivamente no seu punto 8, que queda redactado do seguinte modo:

«8. Presentación de proposicións: a) Data límite de presentación: ata as 13.00 horas do día 27 de abril de 2015».

A Coruña, 23 de marzo de 2015

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública