Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2015 pola que se acorda a suspensión da poxa programada e a desistencia do procedemento de alleamento da partida de madeira de eucalipto resultante da execución da acción 2014.l004, conservación e mellora dos recursos xenéticos de pinus radiata de Galicia, realizada no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Mediante Resolución da Dirección do Instituto Galego da Calidade Alimentaria do 9 de abril de 2015, acórdase suspender a poxa programada e desistir do procedemento de alleamento, en poxa pública, da partida de madeira de eucalipto resultante da execución da acción 2014.l004, conservación e mellora dos recursos xenéticos de pinus radiata de Galicia, realizada no centro de investigación forestal de Lourizán, sen prexuízo do inicio inmediato dun novo procedemento de alleamento do ben.

Contra esta resolución cabe recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da comunicación desta resolución, conforme o disposto no artigo 46.1 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo do dereito ao recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria