Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato de arrendamento sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles de 93 equipos multifunción para diversos centros de saúde e unidades dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-14-019).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-14-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto (arrendamento 75 %; mantemento 20 % e subministración sucesiva 5 %).

b) Descrición: preténdese o arrendamento sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles de 93 equipos multifunción (escáner, impresora, fotocopiadora e fax) para diversos centros de saúde e unidades dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 30121100-4.

e) Diarios oficiais e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 194, do 10 de outubro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 130.500 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 87.000 €. Importe total: 105.270 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2015.

c) Contratista: Fornecementos Galegos, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 67.500 €. Importe total: 81.675 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta non excluída que cumpre os requisitos mínimos.

Lugo, 18 de marzo de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos