Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14341

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases xerais e específicas para a provisión definitiva, polo sistema de oposición, acceso libre, das prazas do cadro de persoal funcionario correspondentes á oferta de emprego do ano 2015.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 67, do 24 de marzo de 2015, publicouse a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, acceso libre, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2015 e que a seguir se relacionan:

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico superior en ciencias económicas e empresariais. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala de administración especial, subescala técnica. Técnicos superiores. Grupo A, subgrupo A1.

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico de administración xeral. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala de administración xeral, subescala técnica. Grupo A, subgrupo A1.

Número de vacantes: unha. Denominación: enxeñeiro de camiños, canles e portos. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala de administración especial, subescala técnica. Técnicos superiores. Grupo A, subgrupo A1.

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala de administración especial, subescala técnica. Técnicos auxiliares. Grupo B.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial que figura no anexo I das bases xerais (BOP núm. 67, do 24 de marzo de 2015 (páx. 34) e na páxina web www.deputacionlugo.org).

Lugar de presentación: no Rexistro Xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Órgano a que se dirixe: dirixiranse á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación de solicitudes: vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Documentación que deberá xuntar necesariamente á solicitude dentro do prazo de presentación de solicitudes:

Documentación acreditativa de ter aboados 15 €, en concepto de taxa por participación en procesos selectivos ou 3,75 € se acreditan documentalmente, mediante certificación do Servizo Público de Emprego Estatal, a súa condición de desempregado e de non ter dereito á prestación de desemprego.

As ditas taxas aboaranse na Tesouraría desta entidade, ou ben facendo unha transferencia bancaria na conta número ES04 2080-0163-85-3110000423 de Abanca ou ben mediante xiro postal. Deben presentar copia do ingreso coa solicitude.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de edictos da entidade.

Lugo, 24 de marzo de 2015

P.D. (Decreto 2228/2012, do 18 de xullo)
Lara Méndez López José Antonio Mourelle Cillero
Vicepresidenta da Deputación Secretario da Deputación Provincial de Lugo Provincial de Lugo