Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ICA-OU-0061/2014-U.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-OU-0061/2014-U.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés, nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non porá fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza na vía administrativa e será inmediatamente executiva, de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: ICA-OU-0061/2014-U.

Persoa Interesada: José Manuel Pumar Pulleiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Gregorio Espino, 38, 1º D, 36205 Vigo, Pontevedra.