Mediante a Orde do 1 de setembro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 177, do 17 de setembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
ANEXO
Denominación do posto: Servizo de Promoción da Autonomía Persoal e Accesibilidade.
Código: TR.C05.00.005.15770.010.
Nivel: 28.
Dependencia: Secretaría Xeral de Política Social.
Localidade: Santiago de Compostela.