Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de servizos, documentalmente simplificado, consistente na execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección (Lugo, 20 prazas).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: 115/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e/ou de atención de día, dirixidos a menores con medida de protección.

b) Número de lotes: non.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato (previsto inicialmente para o 1 de xuño de 2015) ata o 31 de maio de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación: total sen IVE: 1.110.796 €. Total con IVE: 1.221.985,20 €.

5. Garantías.

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Familia e Menores.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 4 da cláusula 3).

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do vixésimo (20º) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

e) Se a documentación se presentar en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

g) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22217

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar