Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14154

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, segunda fase: axudas Destino Río e axudas DGAN.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta o seu obxecto social para o fomento do deporte de alta competición, convoca a segunda fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel como continuación á primeira fase publicada no mes de decembro de 2014.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, rúa Ourense, nº 6 (15781 Santiago de Compostela) ou na páxina web oficial deporte.xunta.es. Teléfono: 881 99 98 40. Fax: 881 99 98 42.

A instancia de solicitude e a documentación correspondente presentaranse no Rexistro da Fundación Deporte Galego: rúa Ourense, nº 6 (15781 Santiago de Compostela). Os/as interesados/as poderán tamén presentar as súas instancias mediante correo certificado, nos termos previstos no Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados desde o seguinte día ao da publicación deste anuncio.

Conforme os criterios establecidos nas bases, o procedemento finalizará, en calquera caso, aos tres meses do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2015

P.D.
José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego