Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (MGT 633/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Belén Iglesias Canosa contra Coach Group 2011, S.L., rexistrado co número MGT 633/2014, se acordou notificar dilixencia de ordenación de data 26 de febreiro de 2015, ditada no citado procedemento a Coach Group 2011, S.L. en ignorado paradoiro:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, vinte e seis de febreiro de dous mil quince.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte ao decreto, declároo firme e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar, para os efectos previstos no artigo 239 da LXS, que o decreto foi notificado a María Belén Iglesias Canosa en data 18 de decembro de 2014 e a Coach Group 2011, S.L. en data 26 de decembro de 2014.

A secretaria xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A e a Bubos Seguritas, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

A secretaria xudicial