Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de construción dun centro de saúde no Temple-Cambre (A Coruña), cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 3, servizos e benestar social (expediente AB-SER3-14-014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de construción dun centro de saúde no Temple-Cambre (A Coruña), cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 3, servizos e benestar social.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: no DOG núm. 210, do 3.11.2014; na web do Sergas e na plataforma de contratos de Galicia o 3.11.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.137.576,32 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.137.576,32 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 2.586,467,35 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 17 de marzo de 2015.

c) Contratista: Acciona Infraestructuras, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.766.493,07 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 2.137.456,61 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos