Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes ao expediente de contratación 107/2014, do servizo, por lotes, para a realización de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo, por lotes, para a realización de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

c) Tipo de fondo: as actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do Programa operativo de adaptabilidade e emprego 2007ESOUPO001, período de programación 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: tramitación ordinaria, documentalmente simplificada e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: oitenta e oito mil cen euros (88.100 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, é con cargo á anualidade 2015 e distribuído nos seguintes lotes:

Lote

Obxecto

Importe

1

Accións formativas relacionadas coa tecnoloxía Oracle

64.800 €

2

Accións formativas para o desenvolvemento de aplicacións móbiles sobre iOS

23.300 €

5. Adxudicación e formalización dos contratos:

Lote 1: accións formativas relacionadas coa tecnoloxía Oracle.

a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2015.

b) Empresa adxudicataria: Oracle Ibérica, S.R.L.

c) Importe: sesenta e catro mil setecentos setenta e seis con noventa e sete euros (64.776,97 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, con cargo á anualidade de 2015.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 4 de marzo de 2015.

Lote 2: accións formativas para o desenvolvemento de aplicacións móbiles sobre iOS.

a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2015.

b) Empresa adxudicataria: Core Networks, S.L.

c) Importe: vinte e tres mil douscentos euros (23.200 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, con cargo á anualidade de 2015.

d) Nacionalidade do contratista: española

e) Data de formalización do contrato: 4 de marzo de 2015.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar