Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de xestión de residuos e fabricación de biodiésel que Energía Gallega Alternativa, S.L.U. posúe no concello de Cerceda (A Coruña) (expediente 2014-IPPC-I-47).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico para solicitude de autorización ambiental integrada de planta de xestión de residuos e fabricación de biodiésel. Febreiro de 2015.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ > medio ambiente e sostibilidade > prevención e control de actividades > autorización ambiental integrada > proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-47.

Peticionaria: Energía Gallega Alternativa, S.L.U.

Domicilio social: parcela 3, polígono industrial de Acevedo, 15185 Cerceda, A Coruña.

Localización da instalación: parcela 3, polígono industrial de Acevedo, 15185 Cerceda, A Coruña.

Actividade: planta de xestión de residuos e fabricación de biodiésel.

Descrición: a actividade da planta consiste nun proceso de valorización de aceites industriais usados e substancias hidrocarburadas en combustible comercial, nun proceso de fabricación de biodiésel que na actualidade non está en funcionamento, o cal comparte equipamentos coa planta de valorización de aceites e substancias hidrocarburadas, e nun centro de transferencia de residuos perigosos e non perigosos.

Verteduras: as augas residuais pluviais son vertidas sen tratamento ao colector do polígono industrial mediante os sistemas de canalización e drenaxe, as augas residuais sanitarias son vertidas sen tratamento ao colector do polígono industrial, as augas residuais da zona de cargadoiro e as augas de cubeto son tratadas nunha separadora de hidrocarburos e únense despois á rede de augas residuais pluviais que verten ao colector do polígono industrial, e as augas residuais de proceso son almacenadas en GRG e enviadas ao xestor autorizado.