Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta fragmentadora de Bens que Francisco Mata, S.A. posúe no concello da Coruña (expediente 2014-IPPC-I-92).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

«Documentación para a solicitude de autorización ambiental integrada da planta fragmentadora de Bens de Francisco Mata, S.A., na Coruña».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-92.

Peticionario: Francisco Mata, S.A.

Domicilio social: San Pedro de Visma, 54-56, 15011 A Coruña.

Localización da instalación: lugar Cortigueiro, s/n, 15011 A Coruña.

Actividade: planta fragmentadora de Bens.

Descrición: a actividade consta dunha liña de procesamento de residuos non perigosos, na cal se someten a un proceso de fragmentación, prensadura ou corte mecánico ou térmico e prensadura dos metais férreos e non férreos. Existe unha liña auxiliar de separación magnética con cribaxe previa ao Trommel.

Verteduras: na actualidade as augas residuais sanitarias trátanse nunha fosa séptica antes da súa vertedura por infiltración no terreo, e as augas residuais pluviais potencialmente contaminadas da zona de almacenamento de materiais e da zona de produción, xunto coas augas residuais pluviais non contaminadas das cubertas dos edificios e cubertos diríxense para o seu tratamento primeiro ao desareador nº 1 e logo trátanse no separador de hidrocarburos antes da súa verteduras por infiltración no terreo. No futuro teñen previsto separar as canalizacións das augas pluviais potencialmente contaminadas, recollendo as augas residuais pluviais da zona de almacenamento de materiais remitíndoas ao desareador nº 1 antes do seu envío ao desareador nº 2, onde se xuntan coas augas residuais pluviais procedentes da zona de produción, sendo logo enviadas conxuntamente ao separador de hidrocarburos onde son tratadas antes da súa vertedura por infiltración ao terreo. Prevén tamén separar a recollida das augas residuais pluviais non contaminadas das oficinas e do aparcadoiro nun cantón infiltrándoas no terreo no punto P2 indicado no plano, e as augas residuais pluviais non contaminadas das cubertas das naves noutro canlón infiltrándoas no terreo no punto P1 indicado no plano.