Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 194/2014 interposto por Ana María Villarino Pardo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 194/2014, interposto por Ana María Villarino Pardo contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de abril de 2014, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública