Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14061

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de abril de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios do corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 23 de marzo de 2015 (DOG núm. 60, do 30 de marzo), esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, os/as aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 7 de abril de 2015.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Promoción interna:

Num.

DNI

Apelidos e nome

Posto
elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

78798805T

Romero Martínez, Mª Pilar

(*)

FCA010000215770002

FC

Sección de Síntese, Análise e Difusión I

25

A1/ A2

S. X. de Síntese, Análise e Difusión

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

(*) Permanece no seu posto

Acceso libre:

Num.

DNI

Apelidos e nome

Posto
elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

50737479P

De la Herrán de Blas, Carla Elena

1

FCA010000015770002

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

2

47365770F

García Varela, Javier

2

FCA010000015770003

FC

Posto base grupo A

20

A1

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela