Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13889

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a da Área de Financiamento).

Por Resolución do 27 de febreiro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 43, do mércores, 4 de marzo de 2015, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (director/a da Área de Financiamento).

De conformidade co establecido no punto 7 das bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado onde se establece que o tribunal de selección se nomeará por resolución do director xeral do Igape, e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo –director/a da Área de Financiamento do Igape– coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Tribunal

– Presidencia:

Titular: Norberto Penedo Rey, director da Área de Competitividade do Igape.

Suplente: José Manuel Fernández García, xerente do Igape IP.

– Secretaría:

Titular: Covadonga Toca Carús, secretaria xeral do Igape.

Suplente: Ángeles Gil Sotres, subdirectora de Servizos Xurídicos do Igape.

– Vogais:

Titular: Abel Benito Veiga Copo, director da Área Galicia@world do Igape.

Suplente: María Dolores García de los Huertos Vidal, xerente do IgapeX.