Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de marzo de 2015 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.W15.45870 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións da Dirección de Augas de Galicia ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico e devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal, a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7, 9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados/as

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.45870

Sila Susana Guiance Lorenzo

Casaldares, 14, Entrecruces

15109 Carballo

19.1.2015

Favorable

DH.W15.30123

Lucía Cupeiro Galego

R/ Gaiás da Area, 4, 3º

15350 Cedeira

11.5.2012

Favorable

DH.W15.43662

Maderas Silvarredonda, S.L.

Salorio Suárez, P 213

15010 A Coruña

7.1.2015

Caducidade

DH.W15.44253

Josefa González Suárez

Chantada, 64, Souto

15300 Paderne

17.12.2014

Desfavorable

DH.B36.14192

Ramón Vieites Gondar

R/ Albariño, 2, baixo

36630 Cambados

7.1.2015

Arquivamento

DH.B36.16085

Alfonso Diz Lueiro

R/ Souto Mª López 21, 4º

36650 Caldas de Reis

5.5.2011

Favorable

DH.B36.15814

Jesús García Janza

Veigas de Almorzar, 9, Bemil

36650 Caldas de Reis

20.7.2010

Favorable