Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2015 pola que se anuncia a declaración de deserta da licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte especializado en normas técnicas e estándares de Administración dixital (expediente 38/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 38/2015.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22048

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de asesoramento especializado en normas técnicas de desenvolvemento da Administración dixital.

b) División en lotes: non.

c) Medio de publicación do anuncio:

DOG: 23.2.2015.

d) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de nove (9) meses contados a partir da data de formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 70.200,00 €, máis 14.742,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 84.942,00 €.

5. Formalización do contrato

a) Estado: deserto.

b) Data da declaración: 25.3.2015.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia