Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Santiago Norte, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento de rexistro de cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Santiago Norte, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación, acordada na reunión dos liquidadores da cooperativa do 27 de maio de 2014, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña. O seu novo domicilio social é: rúa do Castrón Douro núm. 17 baixo, concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

A Coruña, 17 de marzo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña