Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13547

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2015 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 5 o procedemento de nomeamento dos seus membros e no parágrafo 1 do dito artigo dispón que os membros serán nomeados e separados pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, no prazo máximo dun mes, á Administración turística autonómica, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18.2.2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor, que asume desde a súa constitución, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Separar como membro do Consello do Turismo de Galicia a:

– Catalina González Bea, alcaldesa de Sanxenxo, membro titular, en representación das administracións locais.

Segundo. Nomear como membro do Consello do Turismo de Galicia a:

– Miguel Ángel Pérez García, alcalde do Grove, membro titular, en representación das administracións locais.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia