Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015 pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na evolución do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia para adaptalo ás especificacións do proxecto ARPAD, dentro do marco rexional do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Norte de Portugal, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (POCTEP), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2015-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na evolución do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia para adaptalo ás especificacións do proxecto ARPAD, dentro do marco rexional do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Norte de Portugal, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, POCTEP, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 30 de setembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

Importe: 78.512,40 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 78.512,40 euros. Importe total: 95.000,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o quinto (5) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– A data e hora anunciarase oportunamente no perfil do contratante e comunicarase aos licitadores.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable