Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13524

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de axuda a domicilio.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2293.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de axuda a domicilio no concello de Ourense.

c) CPV: 85310000-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e perfil do contratante.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 de xuño de 2014; 30 de maio de 2014 e 27 de maio de 2014.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: fíxase en horas e os prezos máximos son os seguintes:

Hora ordinaria: 15,08 euros (14,50 € máis 0,58 € de IVE).

Hora extraordinaria: 15,60 euros (15,00 € máis 0,60 € de IVE).

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 15 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización: 9 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.

d) Importe de adxudicación: unha baixa do 10,48 % sobre os prezos por hora, expresada no prego e referida tanto ás horas ordinarias coma extraordinarias.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: por ser a oferta economicamente máis vantaxosa, ao ser a máis barata, conforme todos os criterios do prego e con base na aplicación das fórmulas matemáticas e do informe de valoración dos criterios no reconducibles a fórmulas.

Ourense, 5 de marzo de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde