Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13530

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre o convenio urbanístico de planeamento coa Diocese de Lugo.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de marzo de 2015, acordou a aprobación inicial do convenio urbanístico de planeamento entre o Concello de Rodeiro e a Diocese de Lugo para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) no ámbito da avenida Aviador Gumersindo Areán no lugar de Rodeiro, parroquia de Rodeiro, para a creación de equipamento para usos relixiosos.

De conformidade co disposto no artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado convenio sométese ao trámite de información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto.

Durante o dito prazo, os interesados poderán consultar o expediente na Secretaría do concello e formular, de ser o caso, as alegacións que xulguen pertinentes en relación co convenio urbanístico inicialmente aprobado.

Rodeiro, 31 de marzo de 2015

Luis López Diéguez
Alcalde