Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13515

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-03-2015).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Nº de expediente: OA-03-2015.

1.2. Obra incluída no convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Bergondo para o financiamento das obras de reparación e adecuación á normativa vixente de seguridade de utilización e incendios en polideportivo do CPI Cruz do Sar.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reparación e adecuación á normativa vixente de seguridade de utilización e incendios en polideportivo do CPI Cruz do Sar.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

A. Valor estimado: 117.217,88 €; B. IVE (21 %): 24.615,75 €. Importe total A+B: 141.833,63 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: el 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro del prazo de trece (13) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo); (BOP núm. 103, do 1 de xuño de 2012), subtituíndo a documentación que cómpre presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo existente no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: Bergondo 15165.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo.

Bergondo, 30 de marzo de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa