Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1390/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1390/2012, por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 5.3.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de douscentos setenta e catro euros con vinte e sete céntimos de euro (274,27 euros) en concepto de achega á indicada Fundación, incluída a recarga por mora.

– Imponse á empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. unha multa de 180 euros.

– Condénase a empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. a aboar os honorarios do avogado ata o límite de 600 euros logo da súa taxación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C., expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de marzo de 2015

A secretaria xudicial