Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de seguro para o proxecto europeo Erasmus Mundus Green Tech WB (expediente P1/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo. Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente. Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia. Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo. Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal. 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información. ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente. P1/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo. Privado.

b) Descrición. Póliza de seguros para o proxecto europeo Erasmus Mundus Green Tech WB da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades. Non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Nas instalacións da empresa, suxeito ás exixencias de xestión e comunicación cos beneficiarios da póliza e co tomador (Universidade de Vigo) expostas no prego de prescricións técnicas particulares.

2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: non procede.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 66512000-2/CPA: 65.1.

3. Tramitación e procedimento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Oferta máis económica (oferta prezo beneficiario/mes): 70 puntos.

2º. Incremento do importe establecido por morte por accidente que está fixado como mínimo en 5.000 euros: 10 puntos.

3º. Incremento do importe establecido por invalidez permanente absoluta por accidente que está fixado como mínimo en 75.000 euros: 10 puntos.

4º. Presentación á licitación cun corredor/mediador, nos termos previstos na Lei 26/2006, do 17 de xullo, pola que se regula a actividade de mediación de seguros e reaseguros privados, correspondendo a este, en todo caso, facerse cargo de cantos avisos e notificacións deriven do presente contrato: 5 puntos.

5º. Incremento do importe da prestación de gastos de asistencia xurídica, establecida como mínimo en 5.000 euros: 5 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 45 €/mes.

5. Orzamento base de licitación: 45 €/mes (todos os impostos e recargos incluídos).

6. Garantías exixidas: provisional. Non se exixe. Definitiva: 3.912 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación. O décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Non obstante, se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade entenderáse prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación. Papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia. Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo. Edificio de Xerencia Servizos Centrais planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal. Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición. Sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo. As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal. 36310 Vigo.

d) Data e hora. Publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade. Serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outras informacións: proxecto europeo Erasmus Mundus Green Tech WB. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 14.7.2018.

Vigo, 27 de marzo de 2015

Por delegación (RR 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo