Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13329

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 5 de marzo de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de información pública do convenio de colaboración co Consorcio da Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento do sector S-33-I do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 5145/401).

O Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo asinaron o día 27 de febreiro de 2015 o texto inicial do convenio mixto de colaboración entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento do sector S-33-I do plan xeral de Vigo, que consta no expediente de referencia, para a súa tramitación de conformidade co disposto no artigo 237 da Louga.

De acordo co establecido no dito precepto, unha vez negociados e subscritos os convenios se someterán ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e, cando menos, nun dos periódicos de maior difusión na provincia, por un período mínimo de vinte días.

Sómetese ao trámite de información pública o texto inicial do convenio mixto de colaboración entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento do sector S-33-I do plan xeral de Vigo, asinado o día 27.2.2015 entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o desenvolvemento do sector S-33-I Balaídos do PXOM de Vigo, por un período de vinte días, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

O convenio subscrito estará á disposición do público en xeral, de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, nas dependencias do Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo.

O texto do convenio urbanístico asinado publícase na sede electrónica do Concello de Vigo para coñecemento xeral.

Vigo, 5 de marzo de 2015

P.D. (Resolución do 8.2.2013)
Mª del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo