Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13331

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO de licitación do servizo de mantemento básico e limpeza do Complexo Deportivo de Monterrei (O Pereiro de Aguiar-Ourense).

1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.

2. Obxecto do contrato:

• Tipo de contrato: servizos.

• Descrición do obxecto: contrato do servizo de mantemento básico e limpeza do Complexo Deportivo de Monterrei para a campaña de verán 2015 (O Pereiro de Aguiar-Ourense).

• Prazo de execución: catro meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

• Tramitación: ordinaria.

• Procedemento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

• Importe sen IVE: 66.522,03 euros.

• IVE (21 %): 13.969,63 euros.

• Importe total: 80.491,66 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

• Definitiva: ver punto 6 do prego de condicións particulares.

6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, rúa Ourense, 6, 15781. Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.es. Teléfono: 881 99 98 40.

7. Presentación das ofertas:

• Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións finalizará o décimo quinto (15º) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. No caso de que o último día fose sábado ou inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

• Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4º do prego de condicións particulares.

• Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de condicións particulares.

• Criterios de adxudicación: os que figuren no prego de condicións particulares.

8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego na data e hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.es

9. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego