Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 23 de marzo de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolucións do expediente sancionador por infraccións en materia de turismo OU-S-34/2014 e tres máis.

Pola presente cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as propostas de resolucións dos expedientes sancionadores números OU-S-34/2014, OU-S-35/2014, OU-S-50/2014 e OU-S-81/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as propostas de resolución, así como acceder aos correspondentes expedientes, mediante comparecencia nas dependencias desta área provincial, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra a presente proposta de resolución poderá, no prazo de 15 días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere convenientes ante a instrutora do procedemento.

Expediente: OU-S-34/2014.

Titular sancionado: Hotel Ruta das Termas, S.L.U.

Establecemento: restaurante Ruta das Termas.

Domicilio: estrada de Vigo, Untes, 21, 23.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 27 de febreiro de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 110.1) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 6.300 €.

Expediente: OU-S-35/2014.

Titular sancionado: Hotel Ruta das Termas, S.L.U.

Establecemento: hotel Ruta das Termas.

Domicilio: estrada de Vigo, Untes, 21, 23.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 27 de febreiro de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 110.1) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 6.300 €.

Expediente: OU-S-50/2014.

Titular sancionado: Daniela&Martina, S.L.

Establecemento: Café bar De Pinchos y Copas.

Domicilio: Avenida de Celanova, 56, A Valenzá.

Localidade: Barbadás.

Proposta de resolución: 10 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.f) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 300 €.

Expediente: OU-S-81/2014.

Titular sancionado: Esther González Luis.

Establecemento: club Os Corzos.

Domicilio: estrada N-525, km 165.7.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 12 de marzo de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 400 €.

Ourense, 23 de marzo de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense