Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-RI-0073/2015-PPM e vinte e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas o inicio dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 17 de marzo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

PSC-RI-0073/2015-PPM

Manuel Suárez Argibay

Alcalá Galiano, 1, 1º E, Ribeira

PSC-RI-0076/2015-PPM

Francisco José Vilas Torres

Listres de Arriba, 2 , Aguiño, Ribeira

PSC-RI-0079/2015-PPM

Cunchas da Ría, S.L.

Avenida da Coruña, 92, 7, Ribeira

PSC-RI-0080/2015-PPM

José Alberto Rebollido Triñanes

Rúa Estatuto de Galicia, 28, 3º dereita, Boiro

PSC-RI-0090/2015-PPM

Marcos David López Silva

Estrada do peirao, 14, Escarabote, Boiro

PSC-RI-0098/2015-PPM

Andrés Romano Pego

Mestre Xoán Sanz, 16 B, Aguiño, Ribeira

PSC-RI-0102/2015-PPM

Cristian Aguilar Quintela

Urbanización Balneario do Tremo, bloque II, portal I, 1º B, Brión

PSC-RI-0113/2015-PPM

Isabel Posada Fernández

Fonte Lomba, 30, Escarabote, Boiro

PSC-RI-0115/2015-PPM

Ramón Armando Suárez González

Rúa 18 de Xullo, Edificio Quixote, 4, 4º D, Boiro

PSC-RI-0116/2015-PPM

Francisco Antonio del Río Bouzón

A Angustia, 47, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0124/2015-PPM

Jesús Manuel Outeiral Sánchez

Ante, Abanqueiro, 10, Boiro

PSC-RI-0125/2015-PPM

Lino Rama Rama

Parte ao Río, Carreira, Ribeira

PSC-RI-0131/2015-V

René Vázquez Marcote

Rúa de Arriba, 16, Fisterra

PSC-RI-0132/2015-PPM

Marcial Rivas Piñeiro

A Ribeiriña, 5, rúa 2, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0134/2015-PPM

Antonio Gutiérrez Gómez

Boiro de Arriba, 23, Boiro

PSC-RI-0135/2015-PPM

José Antonio Fernández Rivas

Rúa da Laxe do Pan, 2, A Illa de Arousa

PSC-RI-0138/2015-PPM

María Dolores Moreno Sánchez

Avenida de Santa Irene, 12 baixo, Porto do Son

PSC-RI-0139/2015-PPM

Josefa Franco Pérez

Abanqueiro, Mañóns, 57, Boiro

PSC-RI-0140/2015-PPM

José Francisco Patiño Sampedro

Listres de Arriba, 4, Aguiño, Ribeira

PSC-RI-0144/2015-PPM

Juan Carlos Olveira Pego

Coveliño, Nova Cidade, 7, portal 3, baixo B, Ribeira

PSC-RI-0147/2015-PRE

Bruno Moure García

Rúa Luis Cadarso, 68, 2º, Noia

PSC-RI-0148/2015-PPM

Miguel Abraldes Pérez

Estrada Xeral, 39, Aguiño, Ribeira

PSC-RI-0156/2015-PPM

Mónica Gómez Castro

O Valiño, 16, Boiro

PSC-RI-0160/2015-PPM

José Miguel Mos Orellán

Escorial, 13, 1º C, Ribeira

PSC-RI-0161/2015-PPM

Concepción Martínez Santamaría

Arximiro Suárez, 7, 4º B, Noia