Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Veiga de Antela, S.C.G., para unha explotación porcina de produción de leitóns con 2.740 porcas reprodutoras, no lugar de Pedrido, parroquia de Lea, concello de Friol (Lugo), número de rexistro 2014-IPPC-33-270.

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á Resolución do 3 de marzo de 2015 pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Veiga de Antela, S.C.G., para unha explotación porcina de produción de leitóns con 2.740 porcas reprodutoras, no lugar de Pedrido, parroquia de Lea, concello de Friol (Lugo).

Esta resolución pódese consultar na ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

E/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2ª andar).

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental