Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13109

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cualedro

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de mobiliario e equipamento para edificio de fogar para persoas maiores (centro de día residencial).

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subminsitración de mobiliario e equipamento para edificio de fogar para persoas maiores (centro de día residencial) en Cualedro, cun tipo de licitación de 102.805,62 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do Concello de Cualedro. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro do Concello de Cualedro; avenida de Portugal, 8, Cualedro, ou por teléfono: 988 42 40 04 e fax: 988 42 40 26, ou na páxina web do concello www.cualedro.es

Cualedro, 12 de marzo de 2015

Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde