Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 13013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia do trámite para a xustificación da ausencia ao posto de traballo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias do Servizo de Persoal da Área do Mar e Réxime Interno na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, situado no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Comunicación: ausencia no posto de traballo.

Interesada: María Soledad Carballo Rivero.

Acto de notificación: concédeselle un prazo de 10 días para xustificar a ausencia ao traballo.

Último enderezo coñecido: rúa Tulipanes, nº 23, 3º D, 15008 A Coruña.