1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Contratación e Control).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.
4º. Fax: 981 54 01 18.
5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es
6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es
7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 5/2015.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo para o seguimento e control das accións formativas dos plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 30 de decembro de 2015.
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) CPV (referencia de nomenclatura): 98390000-3 Outros servizos.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).
4. Valor estimado do contrato: setenta e un mil novecentos oitenta e cinco euros (71.985,00 €).
5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado para este contrato é de setenta e un mil novecentos oitenta e cinco euros (71.985,00 €), máis quince mil cento dezaseis euros con oitenta e cinco céntimos de euro (15.116,85 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (en diante IVE) a un tipo do 21 %, o que fai un total de oitenta e sete mil cento un euros con oitenta e cinco céntimos de euro (87.101,85 €), con cargo á anualidade 2015.
As actividades obxecto desta contratación poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e emprego 2007ESOUPO001, período de programación 2007-2013.
6. Garantías exixidas.
a) Provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 8.1.1 e) e f) do PCAP.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.
9. Apertura de ofertas.
a) Descrición:
Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.
Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.
10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia. Serán por conta do adxudicatario.
11. Información adicional. Os pregos pódense obter na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22198
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar