Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12940

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración de Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 23 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 (DOG núm. 79, do 25 de abril), designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base V.I da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta relación de aprobados, para presentaren a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na base V.2. da convocatoria.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Víctor Martínez Lago
Presidente do tribunal

ANEXO
Acceso libre

 

Apelidos e nome

DNI

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

1

Álvarez Civiera, Noemi

36172013M

14,75

29,53

24,11

Exenta

68,39

2

Martínez Servan, Claudia

80081206J

15,50

26,07

24,28

Apta

65,85

3

Eiroa Fondo, Ana María

76366414C

10,25

26,99

26,07

Exenta

63,31

4

Lozano del Río, Ana

34893479H

12,77

26,08

23,55

Exenta

62,40

5

Balo Rodríguez, Rubén

44848859D

10,83

26,56

21,55

Exento

58,94

6

Canoura Lamelas, Silvia

34880028E

11,00

19,37

22,83

Exenta

53,20