Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12763

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de marzo de 2015, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Infraestruturas, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 19 de marzo de 2015, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de marzo de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file