Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12661

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, dun contrato de servizos para a realización dos traballos de transporte, almacenaxe, adaptación, mantemento, limpeza, montaxe e posterior desmontaxe dos postos institucionais nos eventos internacionais e nacionais a que ten previsto asistir a Fundación durante os anos 2015 e 2016.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

2º. Enderezo: Área Central L25MN.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: 881 99 91 71 e 881 99 91 75.

5º. Fax: 881 99 91 70.

6º. Correo electrónico: centro.artesania@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: artesaniadegalicia.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: lote1: A-C-15/028 e lote 2: A-C-15/029.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: os sinalados na cláusula A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 2.

d) Lugar de execución/entrega: Galicia, Inglaterra e Suecia.

e) Prazo de execución/entrega: 2 anos que se contarán desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79950000-8 (servizos de organización de exposicións, feiras e congresos).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 64.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 55.500 euros. Importe total 67.155 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficinas da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

2º. Enderezo: Área Central L25MN.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Enderezo electrónico: centro.artesania@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de exame da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación económica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Área Central L25MN.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 10,82 euros por liña.

11. Outras informacións:

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22279

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Elena Fabeiro Castro
Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño