Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0207/2014-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0207/2014-PPM e cinco máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 9 de marzo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0207/2014-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Pasantes Castiñeira.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Muíño do Vento, 16, 3º, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0617/2014-PPM.

Persoa interesada: José Julio Montero Pérez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Estorde, s/n, Cee.

Expediente: PSC-CO-0545/2014-ORS.

Persoa interesada: Iván Quintana Cabaleiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Armada Española, bloq. 32, ptal. 12, Ferrol.

Expediente: PSC-CO-0621/2014-COP.

Persoa interesada: Cemar Alimentación, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Doutor Gasalla, 3, baixo, Lugo.

Expediente: PSC-CO-0562/2014-PPM.

Persoa interesada: Luis Felipe Márquez López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Cambre, 25, 5º B, Cambre.

Expediente: PSC-CO-0702/2014-PPM.

Persoa interesada: José M. Ardións López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 404, portal A-3º esq., A Coruña.