Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de construción dun centro de saúde na Corveira-Culleredo (A Coruña), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (expediente AB-SER3-14-013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de construción dun centro de saúde na Corveira-Culleredo (A Coruña), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 152, do 12.8.2014, na web do Servizo Galego de Saúde e na plataforma de contratos de Galicia o 12.8.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.165.556,31 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 2.165.556,31 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 2.620.323,14 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 26 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Aldesa Construcciones, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.924.963 €. IVA (%) 21 %. Importe total: 2.329.205,23 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos