Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do expediente de solicitude de concesión directa da explotación Gunnar número 7174.

Con data do 2 de outubro de 2013, tivo entrada na Sección de Minas desta xefatura territorial, unha instancia presentada o 1 de outubro de 2013 no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia na Coruña, pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), en que solicita a concesión directa de explotación para recurso de cuarzo, denominada Gunnar, de 16 cuadrículas mineiras, no termo municipal de Ordes, na provincia da Coruña. A esta solicitude correspóndelle o número 7174 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Punto

Lonxitude (W)

ED50

Latitude (N)

ED50

Lonxitude (W)

ETRS89

Latitude (N)

ETRS89

1

8º 22’ 20’’

43º 05’ 00’’

8º 22’ 25,477’’

43º 04’ 55,875’’

2

8º 21’ 00’’

43º 05’ 00’’

8º 21’ 5,475’’

43º 04’ 55,877’’

3

8º 21’ 00’’

43º 03’ 40’’

8º 21’ 5,472’’

43º 03’ 35,874’’

4

8º 21’ 20’’

43º 03’ 40’’

8º 21’ 25,472’’

43º 03’ 35,873’’

5

8º 21’ 20’’

43º 03’ 20’’

8º 21’ 25,472’’

43º 03’ 15,873’’

6

8º 21’ 40’’

43º 03’ 20’’

8º 21’ 45,472’’

43º 03’ 15,872’’

7

8º 21’ 40’’

43º 04’ 00’’

8º 21’ 45,474’’

43º 03’ 55,874’’

8

8º 22’ 40’’

43º 04’ 00’’

8º 22’ 45,475’’

43º 03’ 55,873’’

9

8º 22’ 40’’

43º 04’ 20’’

8º 22’ 45,476’’

43º 04’ 15,874’’

10

8º 22’ 20’’

43º 04’ 20’’

8º 22’ 25,475’’

43º 04’ 15,874’’

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta concesión directa de explotación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 18 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña