Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12512

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, da subministración sucesiva de válvulas biolóxicas sen suturas para cirurxía cardíaca (expediente MS-GLR1-15-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico-Administrativo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, 3ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 981 57 78 43.

6º. Correo electrónico:

cristina.martin.fragueiro@sergas.es e sara.suarez.fernandez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: MS-GLR1-15-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de válvulas biolóxicas sen suturas para cirurxía cardíaca.

c) División por lotes/partidas e número deles/as: non.

d) Prazo de execución: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

g) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 33182220-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntos

Criterios valorables de forma automática

Prezo

Ata 90

Prazo de entrega

Ata 10

4. Valor estimado do contrato: 240.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 120.000 €.

b) IVE 10 %: 12.000 €.

c) Importe total (10 % IVE incluído): 132.000 €.

6. Garantía exixida: definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de condicións xurídicas.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Entidade: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

d) Domicilio: oficinas centrais de Galaria, Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde, 3ª planta, San Lázaro, s/n.

e) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

f) Admisión de variantes: non.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: no lugar, no día e na hora que se estableza no perfil do contratante
www.sergas.es

b) Enderezo: Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde, San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: ver pregos.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.