Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12510

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública mediante o cal se anuncia o procedemento aberto para a contratación do arrendamento, na modalidade de renting, de vinte e sete (27) vehículos destinados á frota do parque móbil.

Procedemento aberto para a contratación do arrendamento, na modalidade de renting, de vinte e sete (27) vehículos destinados á frota do parque móbil da Deputación Provincial de Ourense.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do arrendamento, na modalidade de renting, de vinte e sete (27) vehículos destinados á frota do parque móbil da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 594.739,20 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 8 de maio de 2015, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación: www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente no número 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais no prazo de quince días hábiles e alternativamente de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, se é o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 17 de marzo de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense