Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se anuncia a licitación para a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desprazamento dos participantes do programa Escolas Abertas que se vai desenvolver nunha cidade de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

1.3. Obtención de documentación e información:

1.3.1. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

1.3.2. Enderezo: rúa Os Basquiños, 2.

1.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

1.3.4. Teléfono: 981 54 72 81.

1.3.5. Telefax: 981 54 72 96.

1.3.6. Correo electrónico: emigracion.contratacion@xunta.es

1.3.7. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.3.8. Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

1.4. Número de expediente: 5/2015.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Tipo: servizos.

2.2. Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa Escolas Abertas que se vai desenvolver nunha cidade de Galicia.

2.3. División por lotes: non leva.

2.4. Lugar e prazo de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.

2.5. CPV: 63510000-7.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: a oferta máis vantaxosa segundo criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 100.535 €, máis 3.465 € de IVE.

5. Garantías exixidas:

5.1. Provisional: non se exixe.

5.2. Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

6.1. Clasificación: non se exixe.

6.2. Solvencia económica e financeira: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

6.3. Solvencia técnica ou profesional: a sinalada na cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

7.1. Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, salvo que sexa sábado, domingo ou festivo, caso en que se prorrogará ao día hábil seguinte.

7.2. Documentación que cómpre presentar: a que se indica na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas.

7.3. Lugar de presentación:

7.3.1 Entidade: Rexistro Xeral da Secretaría Xeral da Emigración.

7.3.2. Enderezo: rúa Os Basquiños, 2.

7.3.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

8.1. Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

8.2. Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura destas terá lugar o día hábil seguinte (acto público).

8.3. Hora: ás 10.00 horas.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración