Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo do ben incautado no expediente Pesan 1 2008/00299-2.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo do seguinte ben incautado no expediente Pesan 1 2008/00299-2:

– Vehículo Volkswagen Golf azul mariño, matrícula C-0912-BB.

Para tal efecto, en virtude do establecido no artigo 157 da Lei 11/2008, de pesca de Galicia, requírese a persoa indicada no anexo deste anuncio para que se faga cargo do dito vehículo, con acreditación e verificación previa da súa titularidade, ou que comunique o que considere oportuno ao respecto.

En caso contrario, no prazo de seis meses presumirase o seu abandono e a Consellería procederá á súa venda en poxa pública, á súa entrega a entidade sen ánimo de lucro ou de carácter benéfico ou á súa destrución.

Lugo, 6 de marzo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Pesan 1 2008/00299-2.

Persoa interesada: Juan Benigno Ponce Montero.

Acto de notificación: requirimento.

Último enderezo coñecido: r/ Camiño da Madalena, 49, 4º, Cedeira.