Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Aludec-Galvanic, S.A., para unha nova planta de metalizado de pezas plásticas que se localizará no polígono industrial A Reigosa, no concello de Ponte Caldelas (número de rexistro 2014-IPPC-86-269).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á Resolución do 4 de marzo de 2015, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Aludec-Galvanic, S.A. para unha nova planta de metalizado de pezas plásticas que se localizará no polígono industrial A Reigosa, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Esta resolución pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

E/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2ª andar).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental