Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e trámite ordinario, do expediente 2015/CSUA1/000002 e catro máis.

Subministracións:

* Expediente: 2015/CSUA1/000002.

Obxecto: subministración e instalación de equipamento na área de lavado do Centro de Biomedicina Experimental (Cebega).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 1.450.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 43.500 euros.

Prazo de execución: 30 de novembro de 2015.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Financiado con fondos Feder, en virtude da convocatoria de axudas para infraestruturas do ano 2013, do Ministerio de Economía e Competitividade. Referencia UNST13-1E-2742.

Este anuncio foi enviado ao DOUE o 23 de marzo de 2015.

* Expediente: 2015/CSUA1/000003.

Obxecto: subministración e instalación dun cromatógrafo de líquidos de alta resolución (UPLC) con detector de array de déodos (DAD) e de fluorescencia para a Facultade de Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 72.248,00 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 2.167,44 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este equipamento está financiado cunha axuda da convocatoria de infraestruturas do ano 2013 realizada polo Mineco, cofinanciada con fondos Feder. Referencia UNST13-1E-2152.

* Expediente: 2015/CSUA1/000004.

Obxecto: subministración dunha unidade confocal con destino á Facultade de Veterinaria.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 99.990,00 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 2.999,70 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Equipamento financiado parcialmente cunha axuda da convocatoria de infraestruturas do Mineco, ano 2013, con fondos Feder. Referencia UNST13-1E-2571.

* Expediente: 2015/CSUA1/000005.

Obxecto: renovación do equipamento da rede sen fíos da USC-fase I.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 42.000,00 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 1.260 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

* Expediente: 2015/CSUA1/000006.

Obxecto: subministración de equipamento médico-veterinario para a Facultade de Veterinaria. Lote 1: 7 aparellos de anestesia con 7 monitores de anestesia multiparamétricos; lote 2: mesa telemando de raios X con radioscopia; lote 3: 1 equipo de fluoroscopia; lote 4: elevador aparello gamma: carreta elevadora; lote 5: estación de electromiografía//electrorretinografía; lote 6: 6 mesas cirúrxicas de pequenos animais e 6 mesas auxiliares de cirurxía; lote 7: 2 miniclaves-esterilizadores de sobremesa; lote 8: equipamento veterinario específico para cabalos; lote 9: 1 inxector de contraste para tomografía e anxiografía, e lote 10: 3 bisturís eléctricos.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 529.500,04 euros, IVE non incluído (lote 1: 92.500,03 euros; lote 2: 186.000 euros; lote 3: 65.000 euros: lote 4: 7.000 euros; lote 5: 22.500 euros; lote 6: 24.000 euros; lote 7: 13.000 euros; lote 8: 79.629 euros; lote 9: 18.000 euros; lote 10: 21.871,01 euros).

Garantía provisional: lote 1: 2.775 euros; lote 2: 5.580 euros; lote 3: 1.950 euros; lote 4: 210 euros; lote 5: 675 euros; lote 6: 720 euros; lote 7: 390 euros; lote 8: 2.388,87 euros; lote 9: 540 euros; lote 10: 656,13 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Equipamento financiado parcialmente cunha axuda da convocatoria de infraestruturas do Mineco, ano 2013, con fondos Feder. Referencia UNST13-1E-2650.

Este anuncio foi enviado ao DOUE o 23 de marzo de 2015.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades para entregar/executar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía:

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación:

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es

7. Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información:

Expedientes 2015/CSUA1/000002 e 2015/CSUA1/000006: 14.00 horas do 4 de maio de 2015.

Expedientes 2015/CSUA1/000003, 2015/CSUA1/000004 e 2015/CSUA1/000005: 14.00 horas do 13 de abril de 2015.

8. Requisitos específicos dos contratistas:

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación:

Expedientes 2015/CSUA1/000002 e 2015/CSUA1/000006: 14.00 horas do 4 de maio de 2015.

Expedientes 2015/CSUA1/000003, 2015/CSUA1/000004 e 2015/CSUA1/000005: 14.00 horas do 13 de abril de 2015.

b) Documentación para presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación. Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, Polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora:

Expediente 2015/CSUA1/000002: sobre B: 13.00 horas do 13 de maio de 2015; sobre C: 13.00 horas do 27 de maio de 2015.

Expediente 2015/CSUA1/000006: sobre B: 13.00 horas do 13 de maio de 2015; sobre C: 13.00 horas do 3 de xuño de 2015.

Expedientes 2015/CSUA1/000003, 2015/CSUA1/000004 e 2015/CSUA1/000005: sobre B: 13.00 horas do 21 de abril de 2015; sobre C: 13.00 horas do 7 de maio de 2015.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

P.D. (Resolución reitoral do 1 de agosto de 2011;
DOG do 18 de agosto de 2011)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela